“XORNADAS GASTRONÓMICAS EN VALLADOLID”

27 de Setembro de 2024 Xunta directiva

“XORNADAS GASTRONÓMICAS EN VALLADOLID”

 

El Mercado del Val acollerá as ‘xornadas Gastronómicas OPMEGA’ os días 3, 4  5 de outubro.

A programación inclúe actividades gratuitas, como mostras de cociña e degustacións. Ademáis, será posible conseguir agasallos pola compra de mexillón.

Vilagarcía de Arousa, 27 de setembro. OPMEGA presentará as súas xornadas gastronómicas dedicadas ao mexillón en Valladolid

O Mercado do Val acollerá as ‘Xornadas Gastronómicas OPMEGA’ os días 3, 4 e 5 de outubro.
A programación inclúe actividades gratuítas, como mostras de cociña e degustacións. Ademais, será posible conseguir agasallos pola compra de mexillón.
Vilagarcía de Arousa, 27 de setembro. A Organización de Produtores de Mexillón de Galicia, OPMEGA, desembarcará en Valladolid do 3 ao 5 de outubro coas ‘Xornadas Gastronómicas OPMEGA’. Tres días de actividades gratuítas coas que a OP galega presentará os beneficios nutricionais e gastronómicos do mexillón no Mercado do Val.
Este mercado, situado a escasos metros da Praza Maior de Valladolid, é o máis antigo da cidade e presenta unha animada actividade durante todo o día. Pola mañá, os postos tradicionais son os protagonistas. Polas tardes, os gastrobares do Val toman a substitución.
Desde o xoves 3, ata o sábado 5 de outubro, os clientes e visitantes do Val teñen un motivo máis para pasarse polo mercado; poderán degustar o mellor mexillón galego de forma totalmente gratuíta, tanto na caseta informativa de OPMEGA, como nos propios gastrobares.
Ademais, o cociñeiro Miguel Mosteiro ofrecerá 5 showcookings, nos que elaborará en directo diferentes receitas de mexillón e explicará os beneficios do consumo deste bivalvo, así como o seu proceso tradicional de cultivo e recollida nas rías galegas. Os participantes nestas actividades non só teñen a oportunidade de presenciar a preparación dos pratos, senón que tamén poden degustalos de forma totalmente gratuíta.
As peixarías do mercado, pola súa banda, presentarán aos seus clientes as novas bandexas de mexillón fresco desenvolvidas por OPMEGA. Un envase innovador no que o mexillón se presenta vivo e totalmente limpo. Ademais, a atmosfera controlada destas bandexas permite alongar un 40% a vida útil do mexillón fresco, facilitando o seu consumo, ao tratarse dun formato apto para o microondas. A compra destas bandexas de mexillón galego incentivarase co agasallo de receitarios e outros obsequios promocionais.
Este é xa o quinto ano que as Xornadas Gastronómicas OPMEGA percorren os mercados españois. A iniciativa da Organización de Produtores de Mexillón de Galicia, que busca dar a coñecer as virtudes do mexillón galego entre os consumidores, á vez que se reivindican os mercados tradicionais como os centros nos que obter o mellor produto fresco, xa visitou cidades como Madrid, Valencia ou Bilbao. Este ano, ademais de en Valladolid, está previsto que a campaña desembarque en Sevilla no mes de novembro.

Compartir: