Xornada anual Opmega, PASADO, PRESENTE E FUTURO do Sector da Miticultura

31 de Maio de 2022 Actualidad

Xornada anual Opmega, PASADO, PRESENTE E FUTURO do Sector da Miticultura

Diferentes expertos avalan a calidade do mexillón de Galicia na Xornada anual de OPMEGA, pasado, presente e futuro do Sector da Miticultura, na presentación participaron o Edíl  de Turismo do Concello de Vilagarcía, Álvaro Carou e o Subdirector Xeral de Acuicultura, Gonzalo López.  A primeira ponencia correu a cargo de Xabier Irigoien onde falou da importancia do sector de mar e en especial da acuicultura para alimentar  nun futuro a unha poboación que no ano 2100 estímase que será de 11.000 millóns de habitantes, o mexillón, e en xeral  todo tipo de moluscos ten, ademáis, o menor impacto posible no entorno.  Estos produtos,  son grandes depósitos de Omega 3 e de ácidos oleicos imprescindibles para o funcionamento do sistema nervioso.

Uxio Labarta  detacou  que gran parte dos problemas que atraviesa o sector bateeiro co tema da mexilla débense a que, a o non formar parte das confrarías, non teñen un plan de explotación específico polo que dependen dos de outros colectivos tutelados pola Xunta, e precisamente o Plan do Percebe 2022-2024, que incorpora as zonas de reserva para mexilla, non conta con datos dos últimos 20 anos, Labarta cre que a falta de datos sobre a mexilla “deixa ao sector nunha situación de indefensión similar á da frota pesqueira nos anos 70”, debido a deficiencias nas estatísticas achegadas, viu reducidos os seus dereitos históricos.

A muller tamén estivo presente nesta xornada Dolores Gómez puxo en valor o traballo feminino na batea dende que comenza no ano 1946 tiveron un papel fundamental sendo unha man de obra vital e necesaria para o seu desevolvemento.

Na parte de formación José Ramon Entenza expuso os diferentes cursos de formación marítima necesarios para traballar no sector

Carola González  referiuse á contribución de España ás Directrices Estratéxicas para unha acuicultura da UE máis sostible e competitiva 2021-2030, e puxo en valor a importancia neste contexto do sector galego. A subdirectora do MAPA sinalou que a produción de moluscos representa o 75,8% da produción e o 21,7% do valor da acuicultura de España, destacando que 98,9% da produción de acuicultura mariña de España e o 86,5% do seu valor corresponde ao mexillón.

Por último houbo unha  mención especial onde se fixo entrega por parte do Presidente de Opmega, Ricardo Herbón dunha placa a Rosa Gallardo, polos 30 anos de traballo na batea.

Despediron o evento, Carola González e Ricardo Herbón, esta xornada está enmarcada dentro do Plan de Producción e Comercialización 2022 e tamén forma parte do programa de eventos do European Maritime Day, da DG Mare.

A continuación podedes ver nos seguintes enlaces as ponencias completas:

Xabier Irigoien, Director científico de AZTI: Jornada ponencia Xabier Irigoien

Uxío Labarta, Profesor de investigación “Ad honorem” en CSIC: Jornada ponencia Uxio Labarta

Dolores Gómez, Presidenta de Mulleres Salgadas: Jornada ponencia Dolores Gómez

José Ramón Entenza,  Jefe de departamento de gestión de la formación ISM de Bamio: Jornada ponencia José R Entenza

Carola González, Subdirectora Gral de Acuicultura, Comercialización Pesquera y Acciones Estructurales: Jornada ponencia Carola González

 

 

Compartir: