Mexillóns á crema con viño branco. Bélxica no teu plato

Estes mexillóns que imos preparar son moi cremosos e o único que hai que ter en conta é servilos con moito pan, porque uno non pode parar de mollar? Espero que vos gusten!

Ingredientes

  • 2 kg de mexillóns
  • 2 porros ou chalotas
  • 1 manollo de apio
  • 500 ml de viño blanco seco
  • 80 g de manteiga salgada
  • 500 ml de nata líquida
  • pementa
  • sal

Preparación

  1. Limpar e enxugar os mexillóns quitando ben as barbas e restos que poidan ter nas cunchas.
  2. Lavar e picar o apio. Picar os allos porros ou cebolas.
  3. Nunha cazola grande fritir na manteiga os allos porros durante 2 ou 3 minutos. Engadir o apio picado.
  4. Engadir o viño branco e a nata líquida e levar a ebulición. Deixar reducir a lume lento 10 minutos.
  5. Engadir os mexillóns. Salpimentar.
  6. Esperar a que os mexillóns se abran a lume alto (uns 3-4 minutos), movendo con axuda dunha espátula ou espumadeira.
  7. Cando todas as cunchas están abertas, servir en prato fondo con abundante salsa.

 

  • Categorías: Modernas
  • Tempo: 30 minutos
  • Dificultade: Fácil
  • Cantidade: 6 personas
  • Compartir: