Estes mexillóns que imos preparar son moi cremosos e o único que hai que ter en conta é servilos con moito pan, porque uno non pode parar de mollar? Espero que vos gusten!
Ingredientes
- 2 kg de mexillóns
- 2 porros ou chalotas
- 1 manollo de apio
- 500 ml de viño blanco seco
- 80 g de manteiga salgada
- 500 ml de nata líquida
- pementa
- sal
Preparación
- Limpar e enxugar os mexillóns quitando ben as barbas e restos que poidan ter nas cunchas.
- Lavar e picar o apio. Picar os allos porros ou cebolas.
- Nunha cazola grande fritir na manteiga os allos porros durante 2 ou 3 minutos. Engadir o apio picado.
- Engadir o viño branco e a nata líquida e levar a ebulición. Deixar reducir a lume lento 10 minutos.
- Engadir os mexillóns. Salpimentar.
- Esperar a que os mexillóns se abran a lume alto (uns 3-4 minutos), movendo con axuda dunha espátula ou espumadeira.
- Cando todas as cunchas están abertas, servir en prato fondo con abundante salsa.