Ingredientes (para 6 persoas)
- 3 kg de mexillóns
- 1 cebola
- 50 g. manteiga
- 1 colher de Fariña de trigo
- 1/4 l. leite
- 1/4 l. caldo de mexillóns
- 1/4 l. crema de leite fresco
- sal e pementa
- perexil picado
Preparación:
Límpanse os mexillóns e ábrense con vapor, un pouquiño de auga, tamén coa cebola picada. Unha vez abertos escúrrense e resérvase a auga, retírase a cuncha baleira e colócanse os mexillóns nunha cazola de barro. Finalmente bótase a salsa por encima co perexil picado.
Preparación da Salsa:
Fúndese a manteiga nun cazo e bótase a fariña, refríese e bótase o leite. Trabállase cunhas barillas para que non colla grumos, déixase cocer un pouco e agregamos a nata, quedando a salsa terminada.