Opmega participa na Seafood Expo Global 2022

3 de Maio de 2022 Actualidad

Opmega participa na Seafood Expo Global 2022

 Opmega participa na Seafood Expo Global 2022 en Barcelona, e a primeira incursión nunha cita internacional e so seu obxectivo é dar visibilidade ao labor dos asociados e tender pontes comerciais con proveedores de todos os mercados, grazas a un produto de primeira calidade e ao valor engadido que lle outorga a recentemente inaugurada planta de transformación. Unha delegación composta polo presidente, o vicepresidente e o secretario de Opmega, así como unha persoa vinculada ao departamento comercial, estará  no stand da organización, onde haberá degustacións puntuais de diferentes pratos elaborados con mexillón e creados para a ocasión polo chef de Boiro Miguel Mosteiro.

Entre os numerosos visitantes  tivemos o pracer de recibir a visita da secretaria xeral e pesca, Alicia Villauríz Iglesias e o director xeral de ordenación pesqueira e acuicultura, Ignacio Gandarias Serrano do, que disfrutaron dunha breve charla co Presidente, Ricardo Herbón. Ambos dirixentes tiveron ademáis a oportunidade de degustar diferentes formas de preparación do mexillón . Tamén puideron observar o deseño do stand, un espacio onde fáise referencia o medio natural onde traballan @s produtor@s de mexillón a “batea” está formado por láminas de madeira e cun ollo de boi polo que se adiviña o mar de  Galicia

Compartir: