OPMEGA CELEBRA UN EVENTO SOBRE INNOVACIÓN E VALORIZACIÓN DO MEXILLÓN DE GALICIA
Vilagarcía acollerá o próximo 16 de maio a Xornada Técnica de Opmega deste 2019
A Organización de Productores de Mexillón de Galicia – OPMEGA – realizará unha Xornada Técnica o xoves 16 de maio na súa sede e pola mañá, que ten como obxectivo tratar os temas de interese e relevancia para o sector do mexillón. Así, logo da inauguración que terá lugar ás 9:30 horas da man do seu presidente, o Sr. Ricardo Herbón González, que estará acompañado por varias autoridades, iniciará a exposición dos diversos temas seleccionados. Técnicos e investigadores de entidades coñecidas a nivel nacional e incluso internacional darán luz sobre a innovación en tecnoloxías e máquinas de procesamento, así como na valorización de produtos mediante a promoción, diferenciación e mellora na xestión da identificación de toxinas. O programa pódese consultar no seguinte LINK. A asistencia é gratuíta e libre previa INSCRIPCIÓN.
Esta Xornada está enmarcada nas medidas do PPYC de OPMEGA para 2019, financiadas polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e polo Fondo Europeo Marítimo e Pesqueiro.