A chef María Morales inaugura as xornadas gastronómicas de mexillón OPMEGA no seu edición de nadal
Será no Mercado Barceló de Madrid o 30 de novembro ás 12 horas. A finalista de Masterchef ofrecerá un showcooking no que o mexillón será potenciado grazas á combinación de diferentes técnicas e sabores.
A programación das xornadas gastronómicas OPMEGA continúa desde o día 30 de novembro ata o día 2 de decembro con outros 4 showcookings gratuítos, degustación de diferentes pratos de mexillón e agasallos por compras nas peixarías. Tamén se poderá visitar a exposición “Mujeres bateeiras. O mexillón a través das mans das mulleres”.
Vilagarcía de Arousa, 22 de novembro.- Fiel á súa fama de innovadora desde o respecto á tradición, María Morais cargará de sabor e matices a dous pratos elaborados con mexillón dentro das Xornadas Gastronómicas OPMEGA de Madrid. Será nun showcooking gratuíto que terá lugar o día 30 de novembro ás 12 da mañá no céntrico Mercado Barceló. Esta actividade, impulsada pola Organización de Produtores de Mexillón de Galicia, trata de potenciar o uso deste bivalvo procedente das bateas dos produtores de Opmega como ingrediente protagonista dos menús do Nadal.
A chef manchega cociñará en directo e presentará dúas receitas diferentes que os asistentes terán a oportunidade de degustar. A participación nesta actividade será totalmente gratuíta ata completar o aforo máximo establecido en vinte persoas. O único requisito será comprar polo menos 1kg de mexillón OPMEGA nalgunha das peixarías do mercado e inscribirse no posto informativo de OPMEGA situado na planta 1 do Mercado Barceló. Os asistentes que queden sen praza na mostra de cociña dirixida por María Morais, poderán inscribirse noutros showcooking ofrecidos polo cociñeiro galego Miguel Mosteiro. Todas as mostras de cociña celebraranse na caseta instalada no Xardín Barceló, un espazo polivalente situado na planta 0 do mercado.
As xornadas gastronómicas OPMEGA complétanse con degustacións gratuítas de diferentes receitas de mexillón ofrecidas ao longo do día na planta 1 do mercado, agasallos por compras de mexillón nas peixarías e a exposición “Mujeres bateeiras. O mexillón a través das mans das mulleres”.
Impulsadas pola principal organización de bateeiros galegos e apoiadas por Mercados de Madrid, as Xornadas Gastronómicas OPMEGA convertéronse na iniciativa perfecta para a dar a coñecer os beneficios nutricionais e gastronómicos do mexillón, á vez que se reivindica a importancia dos mercados como distribuidores do mellor produto fresco. Ademais, nesta edición especial nadal, e #ante a subida de prezos na cesta da compra, o mexillón preséntase como un marisco moi alcanzable e con numerosas posibilidades nas elaboracións para as festas, sen nada que envexar aos elaborados con mariscos moito máis caros.
CALENDARIO DE ACTIVIDADES
Mercado Barceló – do 30 de novembro ao 2 de decembro
Showcooking con María Morais*:
Xoves 30 de novembro: de 12h a 13h
Showcooking con Miguel Mosteiro*:
Xoves 30 de novembro: de 18h a 19h
Venres 1 de decembro: de 12h a 13h e de 18h a 19h
Sábado 2 de decembro: de 12h a 13h
Aforo limitado a 20 persoas. Inscrición gratuíta.
Degustacións gratuítas de mexillón desde as 11h.
Agasallos pola compra de mexillón nas peixarías do mercado. En horario comercial.
Exposición “Mujeres Bateeiras”. En horario comercial.