
OPMEGA CELEBRA UN EVENTO SOBRE PROMOCIÓN DO PRODUTO E O OFICIO. INTERNACIONALIZACIÓN DO SECTOR
OPMEGA CELEBRA UN EVENTO PARA A PROMOCIÓN DO PRODUTO E O OFICIO. INTERNACIONALIZACIÓN DO SECTOR
Vilagarcía acollerá o vindeiro 23 de xullo a Conferencia Técnica OPMEGA deste 2020.
A Organización Galega de Produtores de Mexillón – OPMEGA – celebrará o vindeiro xoves, 23 de xullo, na súa sede e pola mañá, unha Conferencia Técnica que pretende abordar as cuestións de interese principal e de interese actual para o sector do mexillón.
Así, tras a inauguración que terá lugar ás 10:00 da man do seu presidente, D. Ricardo Herbón González, que estará acompañado por diversas autoridades, comezará a exposición dos distintos temas seleccionados.
Representantes de entidades públicas e empresas privadas darán luz sobre as estratexias de comercialización e internacionalización, así como sobre programas de apoio á internacionalización que permitan promover o produto e o comercio do sector do mexillón.
Podes consultar o horario e formalizar a inscrición no seguinte ENLACE. A asistencia é libre e gratuíta previa inscrición.
Esta conferencia enmárcase nas medidas OPMEGA PPYC para 2020, financiadas polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.