Estaremos Seafood´24 Expo Global do 23 ao 25 de abril
A Organización de Productores de Mejillón de Galicia participará por terceiro ano consecutivo na feira internacional SEAFOOD EXPO
OPMEGA desprazarase este mes de abril a Barcelona para participar con espazo propio dentro da SEAFOOD EXPO GLOBAL. Trátase dunha oportunidade excepcional para a promoción do produto dos nosos socios, presentando as novidades en canto á súa comercialización.
Alí estaremos do 23 ao 25 de abril co noso renovado stand construído en madeira, como as nosas bateas, e coa mirada posta na sustentabilidade.
No stand contamos cun espazo de comedor onde ofreceremos degustación de produtos cada día, grazas ás orixinais elaboracións do chef Miguel Mosteiro. Estas son algunhas das preparacións que se poderán degustar:
- Mexillóns en escabeche mariñeiro
- Pastel de mexillóns e pescada con ajonesa
- Croquetas de mexillóns e algas con maionesa de pemento
- Salpicón de mexillóns e lagostinos con vinagreta encurtida
- Mexillóns con curri atlántico de algas
- Bolos de vento de mexillóns
- Risotto de mexillóns e champiñóns
- Pani-Puri de mexillóns
- Ensalada de mexillóns patacas e gambas
- Mexillóns en salsa de vieira
Así mesmo, poremos en valor a actividade produtiva dos nosos socios con material audiovisual sobre o cultivo do mexillón, medidas desenvolvidas no último ano e outros fitos na traxectoria de OPMEGA.
Contaremos con material informativo e promocional elaborado para esta ocasión que poñeremos ao dispor dos visitantes e será de interese especial para establecer relacións comerciais con diferentes profesionais da cadea alimentaria.
Acompáñanos! Visita OPMEGA na caseta 4B701
SEAFOOD EXPO: o evento comercial de produtos do mar máis diverso do mundo
A 30ª edición da SEAFOOD EXPO GLOBAL, que se celebra en Fira de Barcelona, Gran Via, baterá récords en abril coa súa maior edición, que ocupará 51.277 metros cadrados netos de exposición. O evento converterá un ano máis á cidade nun centro internacional de negocios para a industria dos produtos do mar.
https://www.youtube.com/watch?v=dAD9IiBzT5E&t=1s&ab_channel=SeafoodExpoGlobal