Exposición “Mulleres bateeiras” en Combarro

28 de Agosto de 2023 Actualidad, Xunta directiva

Exposición “Mulleres bateeiras” en Combarro

Opmega repite apoio á Festa do Mar de Combarro con 300 kilos de mexillón e a exposición sobre a muller

  •  A mostra composta por unha vintena de imaxes repartidas en varios paneis foi un dos atractivos desta edición da festa que congregou a numerosos persoas nunha longa fin de semana de música, gastronomía e tradición mariñeira.
  • Impulsado por Opmega en colaboración coa Asociación Mulleres Salgadas, o traballo pon en valor o papel da muller na miticultura galega.
  • A Organización de Produtores de Mexillón de Galicia aportou tamén á festa máis de 300 quilos de vianda de calidade.

Vilagarcía, 28 de agosto de 2023.- A exposición “Mulleres Bateeiras. O mexillón a través das mans das mulleres” volveu ás rúas tras a súa inauguración o pasado mes de marzo en Vilagarcía, onde se estreou para conmemorar o Día da Muller. Nesta ocasión, a mostra fotográfica trasladouse a Combarro nunha colaboración especial de Opmega coa Festa do Mar desta localidade, unha celebración que conta co apoio do sector bateeiro asociado á organización, cuxos socios tamén contribuíron  con máis de 300 quilos de mexillón de primeira calidade.

Durante a fin de semana foron centos de persoas as que contemplaron a mostra impulsada por Opmega e a Asociación Mulleres Salgadas co obxectivo de poñer en valor o papel da muller na miticultura galega. O alcalde de Poio, Ángel Moldes, e o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, tamén  percorreron  a exposición que recolle, a través dunha vintena de fotografias e vários paneles informativos, a labor da muller no sector desde 1952 á actualidade.

A mostra fotográfica, coa que Opmega buscou poñer cara, nome e apelidos a estas mulleres do sector, seguirá visitando outras localidades galegas para dar a coñecer o modelo de resiliencia e forza de vontade que encarnaron (e encarnan) estas profesionais ao longo da historia.

 

Compartir: