Feira Internacional Seafood´23

28 de Abril de 2023 Promoción, Xunta directiva

Feira Internacional Seafood´23

A feira Seafood Expo Global/Seafood Processing Global foi visitada por máis de 33.000 persoas, 2.078 empresas expositoras de 87 países, onde Opmega estivo presente para dar a coñecer a actividade dos nosos asociados e gañar en visiblilidade fortalecendo as relacións comerciais en todos os mercados, presentando un produto de primeira calidade. O chef Miguel Mosteiro foi o encargado de deleitar aos visitantes elaborando 10 receitas tan orixinais como “empanada de mexillóns con alga konbu “, mexillóns en salsa thai”, “mexillóns con salsa de choco da ría”,… degustáronse máis de 4.000 racións demostrando a versatibilidade que ten o noso produto o mexillon , o cal e comercializado polos socios de Opmega considerado un alimento de calidade, saudable sostible medioambientalmente que convence tamén ao paladar, en todas as súas versións. Comer mexillóns é invertir en saúde
Tivemos o pracer de recibir a visita da secretaria xeral de Pesca, Isabel Artime e do director xeral de Ordenación e Acuicultura, Ignacio Gandarias; o presidente de Opmega, Ricardo Herbón acompañado da xunta directiva poideron falar con eles diferentes cuestións, dando a coñecer as diferentes iniciativas desplegadas pola OP no marco dos plans de produción e comercialización de 2023, na citada xuntanza a secretaria comprometeuse a visitar a planta de elaboración así como as instalacións da organización “o máis axiña posible”
Compartir: