Páxina principal

  • Organización de productores
    de Mexillón de Galicia
  • Axuntando esforzos
    Mellora e defensa do Mexillón de Galicia
  • OS MELLORES MEXILLÓNS
    de Galicia
    directamente do mar a túa mesa
    COMPRAR

Organización de Productores de Mexillón de Galicia

OPMEGA, é unha OP con ámbito de actuación nacional recoñecida por Orde do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, do 30 de decembro de 1986 (Boletín Oficial do Estado nº23, de data 27.01.1987) como a OPP-18.

Constituída orixinalmente en 1986 como OPMAR cambiou a súa denominación social a OPMEGA no ano 1996.

Desde a súa fundación, OPMEGA aglutina a produtores de todas as rías galegas, onde se axuntan esforzos e trabállase na mellora e defensa dos intereses dos seus produtores e do seu mexillón de Galicia.

OPMEGA é a organización máis representativa do sector mexilloeiro galego e está presente en todos os foros, tanto autonómicos como nacional, onde se debatan e téñase que defender e publicitar os intereses do sector.

Actualmente está integrada por 579 bateas e 312 socios agrupados en 11 delegacións distribuídas nas rías de Muros e Noia, Arousa, Pontevedra, Vigo e Portugal

Por qué os mexillóns son unha boa idea.

Stellamare nace como marca vinculada a OPMEGA para
facilitar a venda de mexillón e os seus derivados en
mercados internacionais e así promover acordos comerciais.

As nosas receitas

Contacta con nós

Estamos á túa disposición

Formulario de contacto