Constituída orixinalmente en 1986 como OPMAR cambiou a súa denominación social a OPMEGA no ano 1996.
Desde a súa fundación, OPMEGA aglutina a produtores de todas as rías galegas, onde se axuntan esforzos e trabállase na mellora e defensa dos intereses dos seus produtores e do seu mexillón de Galicia.
OPMEGA é a organización máis representativa do sector mexilloeiro galego e está presente en todos os foros, tanto autonómicos como nacional, onde se debatan e téñase que defender e publicitar os intereses do sector.
Actualmente está integrada por 579 bateas e 312 socios agrupados en 11 delegacións distribuídas nas rías de Muros e Noia, Arousa, Pontevedra, Vigo e Portugal